PARTIDO 2ª DIVISION SENIOR FEMININA

Tocaba xogar na Estrada ante o segundo clasificado, un equipo moi intenso que tamén estaba atravesando unha boa racha.

Sabendo da dificultade o equipo tiña boas sensacions, confiamos en que somos un equipo difícil de batir pola solidez defensiva que mostramos en cada encontro.

Entramos moi metidas no partido, moi serias en defensa axustando sobre as suas xogadoras importantes a nivel individual e colectivamente cerrando moi ben as pentetracions, mentras que en ataque de entrada tivemos moi acerto aproveitando moi ben os tiros liberados, primeiro cuarto 3 – 17.

As de A Estrada reacionaron no segundo periodo, cometimos varios erros en ataque e desconcentrámonos en defensa, o que aproveitaron para con un parcial de 15-0, poñerse didiante no marcador.

O merito deste equipo é que soubemos reacionar e volemos a levar a iniciativa para irnos o descanso 19-24.

O terceiro periodo foi moi duro e intenso, moito contacto e xogo pouco fluido, os dous equipos estivemos a un nivel parecido, a clave estivo en que se vaciaron e non coseguiron darlle a volta o marcador, 27-30 ao finalizar.

No ultimo, a nosa defensa foi extraordinaria, as locais tan so anotaron dous puntos, e así e difícil perder, co que aproveitamos a ocasión para conseguir unha victoria de moito mérito.

72total visits,1visits today

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.     ACEPTAR