PARTIDO 2ª DIVISION SENIOR FEMININA

Nova victoria do noso equipo, ainda que non foi o partido mais vistoso da temporada.

Foto do partido de ida en Redondela.

A pesar de que o marcador final poda decir o contrario, as de Redondela plantaron cara e tiveron moita culpa de que o noso xogo non fose tan fluido como en outras ocasions, pois fixeron defensas alternativas que nos levaron a cometer moitos erros.

O inicio foi igualado con reparto de canastas, e continuou asi ata os ultimos instantes do 2º cuarto no que unha pequena racha anotadora fixo que fosemos o descanso 30-23. na segunda metade, subimos moito a intensidade en defensa, e ainda que en ataque costabanos anotar, xa eramos un equipo mais recoñecible, simplemente era cuestion de que chegase o momento, como asi foi. As de Rendondela anotaron tan so 13 puntos nestes dous cuartos, e aí estivo o partido.

Agora, a falta de tres xornadas estamos empatadas no terceiro posto, e ca ilusion de seguir a este nivel ata o final, o que fala moi ben da implicación destas xogadoras, pois a pesar dun inicio con moitas dubidas, o equipo foi asentándose e da o nivel en cada partido.

A próxima semana tócanos A Estrada, o segundo clasificado, seguro que será un bo partido.

131total visits,1visits today

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.     ACEPTAR