PARTIDO 2ª DIVISION SENIOR FEMININA

Comenzamos a segunda volta contra Noia, un dos cocos da categoría, so unha derrota na primeira volta, e o partido non defraudou as expectativas, moita intesidade e concentración, ningundos dous equipos queria conceder unha soa canastra facil.

O inicio comenzou dominando o equipo de Noia, eso si, con diferencias cortas que se foron mantendo ata o descanso. O noso equipo nunca perdeu o sitio, parecia agarrarse o partido ata que chegase o noso momento, 12-14, 21-22 e 32-34, foron os resultados dos tres primeiros cuartos. Foi no ultimo cuarto cando ese momento chegou, as de Noia baixaron o ritmo, mentras as nosas xogadoras parecian estar mais enteiras, botaron o resto en defensa o que se uniu mais acerto en ataque, conseguindo un parcial neste cuarto de 17-6.

Agora chegamos a xornada de descanso con moi boas sensacions, hai que seguir nesta liña para seguir gañando confianza, porque demostrase que non hai moita diferencia entre os equipos, e calquera pode impoñerse.

72total visits,2visits today

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.     ACEPTAR