Este domingo xogaron o partido de volta da final de liga provincial as nosas infantís de primeiro ano en Allariz.

Traian as ourensás unha renta de 20 puntos do partido de ida. Comezou o partido con moitas imprecisións en ataque e moi pouca intensidade en defensa, co que se chegou ao descanso cun 25-22 a prol das alaricanas.
Coa saída do vestiario as nosas subiron unha marcha en defensa, co que conseguiron realizar boas transicións en ataque que permitiu aumentar a diferencia ata os 9 puntos ao final do terceiro cuarto. Cun último cuarto ainda por diante, a defensa volveu baixar o nivel de intensidade e ambos equipos conseguían anotar canastas. O resultado final foi de 55-49 a favor das alaricanas.

Xogaron por Allariz: Aroa, Claudia, Carla, Marta, Sofía, Antía, Navia, Lucía, Irene, Noa e Adriana, estas catro últimas alevíns.

Rematan así a liga provincial en segunda posición. Moi boa tempada para as nosas infantís de primeiro ano que competiron en todos os partidos. Agora terán un parón, no que seguirán adestrando de cara a seguinte competición que será a Copa Diputación.

Equipo patrocinado por:

44total visits,1visits today

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.     ACEPTAR