Desprazáronse as nosas infantís de primeiro ano ao Barco para desputar a última xornada da liga regular.

Primeira parte reñida, na que as nosas sufriron moito no rebote, o que lle permitiu as locais realizar varios tiros debaixo de canasta. Moitas imprecisións nos pases e numerosas perdas de balón. Aínda asi, conseguiuse chegar ao descanso perdendo por tan só 3 puntos.

O terceiro cuarto foi distinto, e a partir de un bo peche de rebote e boas defensas ás nosas conseguiron remontar e chegar ao último cuarto cunha vantaxe de 1 punto. Xa no último cuarto, as alaricanas comezaron con boa actitude en defensa e acerto en ataque, collendo unha vantaxe de 10 puntos a falta de 4 minutos. A partir de ahí, perdas de balón, erros defensivos, e moitos nervios en ataque, permitiron as locais anotar fácil. Mentras elas anotaban, as nosas estiveron sen anotar eses 4 minutos chegando ao resultado final de 57-49 para o Barco.

Xogaron por Allariz: Aroa, Claudia, Lía, Carla, Sofía, Antía, Navia, Irene e Noa, estas dúas últimas dende o alevín.

Remata así a liga regular nunha excelente terceira posición. Valorar que todo o equipo é de primeiro ano e suben alevíns a todos os partidos.

Conseguen así meterse no PlayOff para loitar pola liga, e terán como rival en semifinal ao Barco, nunha eliminatoria a ida e volta que comezará este fin de semana en Allariz.

Equipo patrocinado por:

179total visits,1visits today

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.     ACEPTAR