Primeiro partido da fase previa da Copa Diputación para as nosas infantís do 2006, no que desputarán unha liguilla de cinco xornadas.

Na primeira xornada o seu rival foi o Bosco, un equipo moi superior, no que os obxetivos principais eran ter intensidade, dureza e non deixar de competir independentemente do marcador. As nosas xogadoras comezaron moi tímidas, pero pouco a pouco fóronse metendo no partido e intentar cumprir eses obxetivos. O resultado final foi un 11-65 para o Bosco.

Xogaron por Allariz: Aroa, Claudia, Lía, Carla, Marta, Sofía, Antía, Navia, Irene e Noa, estas duas últimas axudando dende o alevín.

A segunda xornada levará ao equipo a Ourense para enfrontarse ao Carmelitas Vedruna.

Equipo patrocinado por:

137total visits,1visits today

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.     ACEPTAR