Xornada número 11 para as nosas infantís de primeiro ano que recibiron o domingo as 12:00 ao Blanco Amor.

O partido comezou con boa defensa, que permitiu as alaricanas correr e chegar con vantaxes sabendo aproveitalas. Pese a numerosos erros nas finalizacións chegouse ao descanso cun 37-15 para as nosas. A segunda metade seguiría o guión da primeira, boas defensas e ataques rápidos conseguindo boas seleccións de tiro. Así chegouse ao final cun 67-27 para as locais.

Xogaron por Allariz: Aroa, Irina, Claudia, Carla, Sofía, Antía, Navia, Lucía, Irene e Sara, estas tres últimas reforzando dende o alevín.

A próxima xornada viaxarán a Ourense para enfrontarse ao equipo líder da liga, Divino Maestro. No que esperamos que sexa un partido disputado que tentaremos competir ata o último segundo como na primeira volta.

Equipo patrcinado por:

50total visits,1visits today

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.     ACEPTAR