O domingo á tarde enfrontouse o noso infantil a Seis do Nadal no último partido deste ano 2018. 

O encontro comezou cunha gran defensa das locais, que imporían rapidamente o seu estilo de xogo creando cómodas vantaxes  (44-22 ao descanso).

A pesar de rebaixar o nivel de intensidade á saída do descanso, axiña as verdinegras se volveron por o mono de traballo, provocando numerosas pérdidas das viguesas, que fixeron que se establecera unha marxe cómoda no electrónico, momento para dar minutos ás xogadoras que volvían tras lesión e recuperar sensacións competitivas antes do parón de nadal. Con este resultado, o equipo alaricano remata a ida desta 1ª fase cun balance de 5-2, que as coloca como terceiras clasificadas.

Volverán a competición na liga galega o día 13 de xaneiro, que coincidirá co comezo da segunda volta desta primeira fase. 

Equipo patrocinado por: 

126total visits,1visits today

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.     ACEPTAR