Desprazáronse as nosas infantís de primeiro ano a Ourense para desputar o partido de ida da final de liga provincial contra o Bosco.

Non comezaron ben as nosas, que chegaron a perder de ata 10 puntos nos primeiros compases do partido. Aínda asi, pouco a pouco fóronse metendo dende a defensa o que  permitiu chegar ao final do primeiro cuarto cun 20-15 a prol das locais. O segundo cuarto seguiu a tónica do final do primeiro cuarto, e a partir da defensa logrouse correr e anotar canastas rápidas tras bos cortes hacia o aro, chegando ao descanso perdendo cun 32-30.

No terceiro cuarto, as alaricanas seguian ao seu, defender e intentar correr, e asi foi, chegouse ao comezo do último cuarto cun partido novo e empatado a 41 puntos. No último cuarto as xogadoras do Bosco subiron a intensidade en defensa, e a agresividade en ataque, o que as nosas non foron quen de adaptarse e cun parcial de 28-8 a favor do Bosco chegouse ao resultado final de 69-49.

Xogaron por Allariz: Aroa, Claudia, Lía, Carla, Marta, Sofía, Antía, Navia, Lucía, Irene e Adriana, estas tres últimas dende o alevín.

O partido de volta será o próximo fin de semana en Allariz, no que se tentará competir ao máximo por o partido, e quen sabe, se polo título de liga provincial.

Equipo patrocinado por:

244total visits,1visits today

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.     ACEPTAR