Viaxaban e madrugaban as nosas infantís a Porriño para xogar o domingo o sexto partido de liga. Un bo inicio permitiu establecer as primeiras diferenzas no marcador (5-17) pondo moi de cara o partido para as verdinegras.

A pesares do pouco acerto dende a liña exterior, e as pérdidas en zona rival ante unha defensa extremadamente pechada, chegouse ao descanso cunha lixeira vantaxe (27-37). A segunda parte foi unha réplica da primeira, salvo pola defensa local que impediu aínda máis as ocasións de anotar na zona, polo que a pesares de manterse a ventaxa en poucos puntos, e incluso chegar a porse o marcador en 51-53, o partido era claramente favorable para as nosas xogadoras que finalmente se imporían por un 56-62.

Xornada de descanso pola ponte esta fin de semana que axudará a recuperar as lesionadas e acabar con bo sabor de boca o ano 2018.

Equipo patrocinado por: 

164total visits,3visits today

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.     ACEPTAR