Primeiro partido da segunda fase de liga para as nosas infantís.

Tocou viaxar a Lugo a xogar nun dos campos máis difíciles de Galicia contra un gran equipo como é o Estudiantes.Un bo inicio de partido fixo qie as verdinegras se meteran rapidamente en partido, adaptándose ao nivel físico e de intensidade das locais. A pesar de ter acerto en ataque, a defensa mantíñase demasiado branda, concedendo canastras demasiado sinxelas, que faría chegar ao final do 1C cun marcador de 19-20 a prol nosa.

A igualdade mantívose no partido ata que, a falta de 2 minutos para o descanso, unha racha de 4 triples consecutivos fixeron que as verdinegras de escapasen lixeiramente no electrónico (32-44).Na segunda parte, un bo inicio do conxunto alaricano fixo aumentar a ventaxa ata os 16 puntos. Nese intre, as estudiantís aumentaron mais se cabe a intensidade defensiva, polo que o ritmo de xogo diminuiu, asi como os puntos por parte dos dous equipos. Un novo acerto dende a liña exterior no ultimo cuarto disipou as últimas dúbidas para as nosas rapazas que porían a máxima no tanteo coa chegada do minuto 40, quedando o +21 final a prol das nosas.

Dende o equipo infantil queremos desexarlle á nosa rival e amiga Sara unha pronta recuperación trala súa lesión de xeonllo.

A semana seguinte volven os partidos a Allariz para xogar contra o CLB de Vilagarcía.

Equipo patrocinado por:

81total visits,1visits today

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.     ACEPTAR