Na xornada do pasado domingo as nosas infantiles disputaron un dos dous derbis contra Carmelitas Ourense, esta vez como visitantes.

O partido comezou cun alto ritmo de xogo imposto polas verdinegras que, grazas ao acerto dende a liña exterior, conseguían abrir vantaxe a pesar de non encontrarse todavía en defensa (10-20).

O segundo cuarto sería unha prolongación do primeiro, aínda que o acerto dende o 6,75 baixaría polo que a diferenza ao descanso mantívose no abano dos 10 puntos.

Tralo paso por vestiarios, que lle sentou moi ben as nosas rapazas, un novo aumento no ritmo e intensidade do xogo faría que as locais solo puideran anotar 3 puntos nos seguintes 10 minutos, facendo así o marcador quedase sentenciado e o último período valese para seguir traballando sobre novos aspectos do xogo e dar minutos a todas as xogadoras.

A semana que ven o equipo desprázase a Marín para xogar contra o Peixegalego.

Equipo patrocinado por:

282total visits,2visits today

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.     ACEPTAR