Penúltimo partido das nosas infantiles na primeira fase que rematou coa mesma sensación coa que comezou.

Dende o minuto 1 as alaricanas demostraron que tiñan ganas de facer un gran encontro, polo que os primeiros compases do encontro foron abrumadores. Cunha gran defensa e intensidade nas dúa partes do campo, acompañadas dun gran acerto exterior, fixeron que os 10 primeiros minutos foran unha chuvia de puntos, rematando este período con un 30-8 no electrónico.

Aínda que o acerto diminuiu nos seguintes minutos, a intensidade seguiu sendo a mesma, factor que obligaba ás visitantes a sumar moi aos poucos, aumentando a ventaxa a cada minuto que pasaba.

No último cuarto as verdinegras diminuíron o nivel de intensidade, buscando preparar futuras datas, polo que o marcador non volvería crecer, estancándose no 76-40 final.

Última xornada de liga a semana que ven, en Vigo contra Seis do Nadal.

Equipo patrocinado por:

323total visits,1visits today

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.     ACEPTAR