Este domingo xogouse un dos partidos máis importantes para as nosas infantiles, contra un rival directo como eran as rapazas do Giraldo.

Comezando o encontro cargadas de motivación e enerxía, as nosas saíron a toda velocidade, intentando impoñer o seu ritmo de xogo frenético con transicións rápidas, sen darlle tempo ás visitantes a asentarse no partido.

Nos 10 primeiros minutos así foi, conseguindo as locais un parcial de 19-6 a favor. No 2° cuarto o ritmo de anotación seguiu, acompañado nestes momentos dunha choiva de triples (5 en 10 minutos) que facían aumentar a ventaxa aínda máis. Malia isto, as visitantes tiveron momentos de grande acerto e penetracións exteriores, que sumados ao gran acerto dende a liña de tiro libre facían que a sangría fose menor (46-26). Na segunda parte, unha gran relaxación das nosas propiciou a remontada das de Vilagarcía, que cunha gran intensidade acercáronse a 11 puntos. Tralo susto inicial, as verdinegras entonáronse no encontro e comezaron de novo cunha defensa moi difícil de superar, sendo unha pedra dura de bater e en ataque metendo, aínda que con moito menor acerto que nos primeiros 20 minutos.

Finalmente o marcador acabaría no 74-49 final, rematando a primeira volta da segunda fase antes do parón de semana santa en 4° posición. Á volta, xogarán contra Estudiantes Lugo en Allariz.

Equipo patrocinado por:

87total visits,1visits today

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.     ACEPTAR