Desprazáronse as nosas infantís do 2006 a Ourense para xogar o seu partido de semifinais  contra Carmelitas. 

Comezaron ben as nosas contra un equipo moi superior físicamente, realizando boas circulacións de balón e moi boa defensa o que deu como resultado que se gañara o primeiro cuarto 14-15 para as alaricanas. A partir de ahí, as locais meteron unha marcha mais e o seu físico impuxose tanto en ataque contra coma en defensa, co que as nosas lles costaba moito mais circular o balón e encontrar boas situacións de tiro e penetracións cara o aro, e sufrindo moito no rebote defensivo e defensa interior. Esa foi a tónica durante todo o resto do partido, chegando ao 87-49 final.

Xogaron por Allariz: Aroa, Claudia, Lía, Carla, Marta, Sofía, Antía, Irene, Noa e Adriana, estas tres últimas infantís.

Remata así a competición para as nosas xogadoras, que acadaron as semifinais de Copa Diputación, único equipo con xogadoras do 2006 en facelo, e o segundo posto na liga regular. Boa tempada para as alaricanas, que terán un merecido descanso ata que volvan ao traballo a tempada que ven.

Equipo patrocinado por:

617total visits,2visits today

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.     ACEPTAR