O sábado as 20:00 xogaron en Allariz as nosas infantís do 2006 a cuarta xornada da copa diputación contra Blanco Amor.

Comezou ben o partido para as alaricanas, que cunha boa defensa conseguiron roubar balóns e anotar contrataques. No segundo cuarto baixouse a intensidade defensiva, e en ataque houbo numerosas perdas de balón e moi malas seleccións de tiro, o que permitiu ao equipo rival gañar ese cuarto, chegando ao descanso cun 31-18 a favor das de Allariz.

Xa na segunda metade, as nosas volveron sair con gañas de defender, o que fixo que ao rival non lle fose fácil anotar. En ataque xogouse máis ordenado, reducindo as perdas de balón e encontrando boas situacións de tiro. Chegouse así ao resultado final de 74-33 para as locais.

Xogaron por Allariz: Aroa, Lía, Carla, Sofía, Antía, Lucía, Noa e Adriana, estas tres últimas alevíns.

A seguinte xornada, que será a última da liguilla, levará ao equipo a Xinzo.

Equipo patrocinado por:

136total visits,1visits today

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.     ACEPTAR