O sábado as 18:00, en Allariz, xogaron as nosas infantís de primeiro ano a terceira xornada da Copa Diputación contra Divino Maestro.

Comezaron as xogadoras de Allariz moi intensas en defensa dende o principio, realizando unha boa presión que permitiu realizar contrataques para ir collendo as primeiras vantaxes no marcador. Xa no segundo cuarto, as alaricanas seguiron con unha moi boa actividade en defensa e no rebote, o que fixo que foran capaces de sair rápido cara o ataque, anotando tras boas circulacións e cortes. Aínda que houbo moitos erros en canastas fáciles debaixo do aro, chegouse ao descanso cun 26-12 a favor do Allariz.

A saída do terceiro cuarto estivo ben, defensa dura e pechando o rebote, pero o cansancio viuse reflexado en ataque, e a saída de balón xa non era tan rápida como a primeira metade. Comezaron ahí a xogar posesións longas, con boa circulación que acababan con bos tiros liberados, ou cortes hacia canasta. Esa foi a tónica do resto do partido, chegando ao 57-24 final.

Xogaron por Allariz: Aroa, Lía, Carla, Marta, Sofía, Antía, Lucía, Irene e Noa, estas tres últimas alevíns.

A seguinte xornada, que será en Allariz, terán como rival a Blanco Amor.

Equipo patrocinado por:

54total visits,1visits today

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.     ACEPTAR