Último partido da fase previa da copa diputación na que o Allariz e o Xinzo se xogaban pasar a semifinais, e como estaba previsto foi un gran partido no que houbo ata dúas prórrogas.

O primeiro cuarto dominárono as alaricanas, dende unha gran defensa dende arriba conseguían distanciarse no marcador chegando ao 11-22. O segundo cuarto, as locais estiveron moito mais acertadas e foron quen de remontar chegando ao descanso cun 32-31 ao seu favor.

A saída do descanso, co partido e o pase para semifinais aberto, ambos equipos demostraron do que eran capaces tanto en defensa como en ataque, moitisima igualdade, mantendo un toma e daca constante, co que se chegou á ultima xogada cun 71-71 a falta de dez segundos e saque de banda para as nosas. Saíu ben a xogada, e forzaronse dous tiros libres, que non entrou ningún, e íbase así á prórroga. Cos nervios que supuña a prórroga para os dous equipos, non se atopaba ningún tiro cómodo, as finalizacións eran precipitadas, polo que chegouse así ao 71-71 o que nos levou á segunda prórroga, na que as alaricanas foron quen de coller unha vantaxe de 4 puntos a falta de un minuto e medio, que foi clave. Aínda asi a falta de tres segundos, as de Xinzo tiveron dous tiros libres, pero tan so foron capaces de anotar un, levandose o partido e o pase a semifinal as nosas infantís por un 77-78 ante un gran rival.

Xogaron por Allariz: Aroa, Lía, Carla, Marta, Sofía, Antía, Navia, Lucía, Irene, Noa e Adriana.

Este sábado as 19:00 xogarán en Ourense a semifinal contra Carmelitas 2005 no seu pavillón.

Equipo patrocinado por:

144total visits,1visits today

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.     ACEPTAR