Este xoves desprazáronse as nosas infantís ata Ourense para desputar a segunda xornada da Copa Diputación contra Carmelitas. 

Comezaron moi ben as nosas xogadoras, intensas en defensa e xogando con bo movemento de balón en ataque. Chegouse ao descanso 14-33 para as de Allariz. 

Tralo descanso as nosas seguiron mostrando boa actitude en defensa e orden en ataque, algo que non se viu no último cuarto, no que a defensa baixou a intensidade e o desorden era o que había en ataque. Aínda así, moi bo partido das alaricanas que remataron gañando 38-62.

Xogaron por Allariz: Aroa, Lía, Carla, Marta, Sofía, Antía, Navia, Lucía, Irene e Noa, estas tres últimas axudando dende o alevín.

Este sábado as 18:00 xogarán a terceira xornada en Allariz, e terán como rival ao Divino Maestro.

Equipo patrocinado por:

177total visits,1visits today

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.     ACEPTAR