Última xornada para as nosas cadetes de liga provincial, que se desprazaron ata Ourense para desputar o seu partido contra Divino Maestro.

Non comezou ben o partido para as nosas, un parcial de 17-2 a prol das locais nos primeiros minutos de partido, asique tocou defender e xogar con cabeza en ataque. A boa defensa alaricana, e o bo movemento de balón que permitiu boas penetracións e bos tiros abertos, fixo que se igualara o marcador, que nos minutos finais do segundo cuarto as locais conseguiron coller unha nova vantaxe chegando ao final do segundo cuarto 37-29.

Nos primeiros minutos do terceiro cuarto as nosas conseguiron manter a intensidade en defensa, pero en ataque foi moito mais complicado anotar, xa que as locais se pecharon e era moi difícil xerar boas situacións de tiro. Foi ahí cando o cansancio se fixo visible nas xogadoras alaricanas, xa que non se daba feito un bo balance defensivo, e non se daba chegado a tempo nas rotacións defensivas e sobretodo non se deu pechado o rebote contra un equipo superior físicamente. Chegouse ao resultado final cun 76-46 a prol das locais.

Xogaron por Allariz: Barbosa, Lucía, Carla, Eneida, Beltrán, Tania, Aroa e Carlita, estas dúas últimas dende o preinfantil.

Rematan así a liga provincial en segunda posición. Moi boa tempada das nosas cadetes, que cun equipo prácticamente de primeiro ano, excepto unha xogadora, foron quen de loitar ata o final e competir en cada partido para obter un balance de 13 vitorias e 2 derrotas.

Equipo patrocinado por:

87total visits,1visits today

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.     ACEPTAR