Desprazáronse a Ourense este sábado as nosas cadetes de primeiro ano para xogar contra o Depordima no que seguro iba ser un partido duro e esixente.

As nosas saíron concentradas, con boas defensas e boas lecturas en ataque conseguindo bos tiros chegando ao fin do primeiro cuarto gañando por 4 puntos.

No segundo cuarto as locais subiron a intensidade, tanto en defensa como en ataque, o que colleu por sorpresa as nosas que non souperon reaccionar e chegouse ao descanso cun 32-24.

A saída do descanso foi boa, mantendo tanteos no marcador pero sen conseguir recortar distancia no marcador debido a que o equipo rival dominou o rebote con moita claridade. Chegouse ao final do partido cun 64-49 a prol das locais.

Xogaron por Allariz: Barbosa, Lucía, Carla, Eneida, Beltrán, Tania, Andrea, Mascareñas, Adriana e Alba, estas tres últimas infantís.
A semana que ven xogarase un partido en Xinzo aprazado da xornada  4 que poñerá o peche da primeira volta, das tres que ten a liga.

Equipo patrocinado por: 

132total visits,1visits today

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.     ACEPTAR