O segundo partido levaría ao equipo ao Barco. Un partido que se sabía que iba ser complicado.


As alaricanas comezaron ben asentadas na pista, cunha moi boa defensa que permitía estar en partido, xa que en ataque non se conseguia anotar con claridade e os tiros liberados non entraban. Chegouse ao descanso dominando o marcador 20-24.Na segunda metade as nosas seguiron moi ben en defensa, conseguiron meterlle unha marcha máis en ataque, con moi boas lecturas e conseguir unha vantaxe de ata 10 puntos a falta de 3 minutos, que cos nervios que se viñeron enrriba, sería crucial para conseguir a victoria por 49-51 nunha pista, que coma sempre, é moi dificil gañar.

Xogaron por Allariz: Barbosa, Lucía, Carla, Eneida, Beltrán, Tania, Andrea, Laurita, Alba e Adriana, estas tres últimas infantís.

Traballo e ilusión para seguir este camiño, ao que lle quedan 3 xornadas nada máis. O seguinte partido será en Allariz e terá como rival a Carmelitas.

Equipo patrocinado por:

85total visits,1visits today

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.     ACEPTAR