Este domingo as nosas cadetes desprazáronse ao Barco para desputar a segunda xornada da liga.

O partido foi moi desputado. Na primeira metade as nosas non estiveron moi acertadas nos tiros liberados que conseguiron, sufriron no rebote o que as levou ao descanso a perder por 3 puntos. A saída do descanso comezouse cunha moi boa defensa, un mellor control do rebote, algún que outro contrataque e boa seleción de tiro, que desta vez si que entraron. O noso equipo conseguiu coller unha vantaxe de 9 puntos, na que os nervios nos últimos minutos fixo que se chegara a un 43-46 para as nosas.

Xogaron polo Allariz: Maria Barbosa, Lucia, Carla, Eneida, Maria Beltrán, Tania, Andrea, Laurita, Alba e Adriana, estas 3 últimas subindo dende o Infantil.

 

Equipo patrocinado por:

13total visits,2visits today

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.     ACEPTAR