Comezou a Copa Diputación para as nosas cadetes de liga zonal, que se mediron en Allariz ao Divino Maestro, vixente campión da liga provincial. 

Non comezou ben o partido para as alaricanas, que non lograron estar intensas en defensa, o que permitiu ao equipo rival anotar moitas canastas debaixo do aro e dominar o rebote. En ataque non conseguiron realizar unha boa seleccións de tiros, e cando si os realizaban o balón non entraba. Chegouse ao descanso 14-26 para as ourensás.

Tralo paso polos vestiarios as locais mostraron outra cara, sendo moi intensas en defensa o que lles permitiu realizar algún que outro contrataque. Chegouse ao último cuarto cunha desventaxa de tan só 3 puntos. Neste último cuarto a intensidade volveu baixar, e a defensa volveu ser moi blandiña e as ourensás non o desaproveitanron, chegando ao 38-49 final.

Xogaron por Allariz: Barbosa, Lucía, Carla, Eneida, Beltrán, Tania, Andrea, Laurita, Alba, Lucía Cid e Helena, estas catro últimas dende o infantil.


Queda o partido de volta, no que o principal obxetivo é mostrar a cara que se viu no terceiro cuarto durante todo o partido.

Equipo patrocinado por:


15total visits,1visits today

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.     ACEPTAR