Madrugón para as cadetes da liga zonal, que recibiron en Allariz o sabado as 9:30 a Xinzo, partido correspondente á novena xornada da liga.

As nosas comezaron con un bo ritmo en ataque e boa defensa o que fixo que se colleran as primeiras vantaxes no marcador chegando ao descanso cun 29-17 a prol das locais.
Á saída do descanso as nosas xogaron con moita precipitación que provocaron perdas de balón e canastas fáciles para as rivais, o que fixo que a vantaxe se reducise aos 9 puntos co último cuarto en xogo. No tramo final deste último cuarto, volveuse a xogar con orden e boas lecturas co que se chegou ao final cun 72-55 para o Allariz.
Xogaron por Allariz: Barbosa, Lucía, Carla, Eneida, Beltrán, Tania e Andrea. Ademais contaron coa axuda de tres infantís de primeiro ano, que debutaban na categoría cadete. Aroa, Carlita e Antía.
A seguinte xornada recibiremos a Divino Maestro, líderes e invictas na liga, no que se tentará mellorar o resultado da primeira volta.
Equipo patrocinado por:

68total visits,2visits today