Desputaron a penúltima xornada da liga provincial as nosas cadetes, recibindo o xoves en Allariz ao AB Xinzo.

Comezou o partido con bo ritmo anotador por parte dos dous equipos. Xa no segundo cuarto, as nosas conseguiron subir unha marcha en defensa deixando ao equipo rival en  6 puntos neste periodo, o que permitiu coller unha vantaxe que as levou ao descanso cun 37-18.

A volta tralo descanso tivo duas caras, unha primeira na que a defensa non foi boa, e o ataque foi demasiado estático, e unha segunda na que o equipo se volveu asentar en defensa o que permitiu anotar boas canastas con boa circulación de balón. O último cuarto seguiu esa tónica, ainda que foi mais difícil anotar, as alaricanas conseguiron dominar o rebote ofensivo e abrir o campo con bos tiros liberados, chegando así ao 70-48 final.

Xogaron por Allariz: Barbosa, Lucía, Carla, Eneida, Beltrán, Tania, Andrea, Lucía Cid, Martina e Nerea, estas tres últimas dende o infantil.

Para a seguinte semana viaxarán a Ourense para enfrontarse a Divino Maestro, o que será o último partido da liga, na que os dous equipos, que van igualados na parte alta da clasificación, loitarán por ver quen é o campión provincial nun partido que intentarase competir ao máximo dende a ilusión que transmite todo este grupo.

Equipo patrocinado por:

118total visits,1visits today

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.     ACEPTAR