Partido de volta para as nosas cadetes da liga zonal, que as levou a Ourense para xogar contra Divino Maestro. 

No partido de ida, desputado en Allariz, as ourensás colleron unha renta de 11 puntos que terían que defender na súa casa.

Sairon as alaricanas con moi boa actitude, unha gran defensa e moi bos ataques, con boa circulación de balón encontrando boas situacións de tiro, que fixeron que colleran as primeiras vantaxes no marcador. Chegouse ao descanso 21-35 para as de Allariz, quedaba moito partido pero as sensacións eran boas.

No terceiro cuarto seguiu habendo unha gran igualdade, e o partido comezou a estar roto, ambos equipos comezaron a anotar canastas e as defensas non eran boas. Neste cuarto os tiros liberados polas nosas xogadoras baixou o acerto, o que permitiu recortar distancias ás locais ata un 38-47. Entrábase no último cuarto coa eliminatoria aberta, e foi ahí cando a defensa das de Ourense se fixo ver, non permitiron canastas fáciles nin penetracións co que as alaricanas se viron obrigadas a mover o balón ata poder encontrar tiros cómodos. Conseguíronse eses tiros, pero non se obtivo o acerto tido na primeira parte, o que fixo que o resultado final fose 51-51, pasando así a seguinte ronda as xogadoras de Divino Maestro.
Xogaron por Allariz: Barbosa, Lucía, Carla, Eneida, Beltrán, Tania, Andrea, Laurita, Helena e Adriana, estas tres últimas infantís.

Remata así a competición para este equipo. Moi boa tempada, na que tan só houbo 3 derrotas, contra o mesmo equipo, Divino Maestro, campión da liga. Agora toca seguir adestrando e mellorando de cara a tempada que ven!

Equipo patrocinado por:

1274total visits,2visits today

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.     ACEPTAR