Última xornada da primeira volta para as nosas cadetes de liga zonal que desprazáronse a Xinzo para xogar un partido aprazado. 

O partido comezou cunha boa intensidade en defensa das nosas que permitiu algúns roubos de balóns e forzar algunhas pérdidas na presión, e acerto en ataque co que se chegou ao descanso dominando no marcador e con boas sensacións. A saída do descanso seguiu a tónica da primeira parte, ainda que se baixou algo o nivel físico en defensa e baixou o acerto en ataque, chegando ao resultado final de 54-66.

Xogaron por Allariz: Eneida, Beltrán, Lucía, Carla, Tania, Andrea, Barbosa, Alba, Nerea e Laurita, estas 3 últimas dende o infantil.

Acaban asi a primeira volta das tres que ten a liga, e vaise ao parón navideño con boas sensacións e cun balance de 4 victorias e 1 derrota. Á volta das vacacións viaxaremos a Maside para comezar a segunda volta.

Equipo patrocinado por: 

119total visits,1visits today

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.     ACEPTAR