O pasado sábado deuse por iniciada a tempada de competición para o noso clube. As nosas cadetes desprazáronse ata Marín para xogar o primeiro encontro da fase de ascenso. 

O equipo ven preparando  esta competición dende o pasado 8 de agosto, cunha moi boa dinámica nos adestramentos, e as gañas de xogar eran moitas.

Como corresponde ó primeiro partido do ano, os nervios estiveron presentes, o que se traduciu, en varias fases do encontro, nun xogo impreciso e precipitado, especialmente en ataque, con erros en tiros fáciles baixo aro e numerosas perdas de balón. Foi a defensa, gracias a actitude e implicación de tódalas xogadoras, a que nos permitiu abrir as primeiras vantaxes xa no primeiro cuarto, cun parcial de 10 a 22.

As alaricanas dominaron o resto do encontro, con ventaxas que estiveron casi sempre por encima dos 20 puntos, podendo centrarse en traballar aspectos do xogo que serán fundamentais de cara os próximos encontros, que se espera sexan moito máis igualados.

Xogaron por Marín; Pazos L, Rodríguez L, Fontán S, Yubero I, Aboy A, Moreira S, Rodríguez M e Otero I. Por Allariz; Blanca, Cris, Clara, Laurita (pouco tempo polas molestias físicas das que se está a recuperar), Lucía Cid, Mascareñas, Noa, Claudia, Raquel, Helena e Vázquez.

O próximo sábado, ás 16:00 no pavillón municipal de Allariz, o equipo xogará un amistoso de preparación contra o junior de Carmelitas, pensando xa en recibir o vindeiro día 16, ó Culleredo no noso feudo. Esperámosvos!

 

 

 

Equipo patrocinado por: 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.     ACEPTAR