Este domingo as nosas pequenas madrugaban para desprazarse o campo do instituto Julio Prieto Nespereira e medirse a un dos equipos máis competitivos da liga Benxamín Mixta. Parecía que as nosas lles costaba despertar e iniciaron o partido con moitas perdas de balón e pouca claridade cara o aro.

Pouco a pouco se foron soltando e foron collendo pequenas ventaxas que se ían aumentano cuarto a cuarto ata o marcador final de 25-48.

Partido moi bonito o ofrecido polos dous equipos no que tódol@s xogador@s loitaron por cada balón, correron a tope para tratar de meter canasta e a competitividade e a deportividade foron a nota dominate.

Felicitar o equipo de Depordima polo seu encontro e pola calidade dos seus xogadores.

Equipo patrocinado por:

134total visits,1visits today

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.     ACEPTAR