Emocionante partido o vivido este domingo pola mañá no Minicipal de Allariz entre os equipos alevíns femininos de Allariz e Porriño.

O encontro comenzou con moito ritmo por parte das alaricanas que tiñan dous obxetivos claros nas súas cabezas: o balance defensivo e o rebote.

Xa que este ano foi o terceiro enfrontamento entre este dous equipos, as alaricanas tiñan claro que para poder competir ante o gran equipo de Porriño  non podían conceder canastas de contraataque ni tras rebote ofensivo, polo que se aplicaron a fondo e loitaron con uñas e dentes por cada balón.Chegouse o descanso cun axustado marcador de 22-24.

Tras o parón as verdinegras tiveron moita dificultade para anotar, tan so 2 puntos neste cuarto, pero mantiveronse no partido grazas a  boa defensa . O quinto cuarto foi moi igualado e chegamos o derradeiro peíodo cun marcador de 32-38 con moito que decir.

No tramo final os ataques impuxeronse as boas defensas vistas ata ese momento e grazas o acerto no tiro exterior as alaricanas déronlle a volta o marcador chegando a porse 43-40; nese momento viuse na grada un ambiente inmellorable de ánimos e nervios, e tras un intercambio de canastas, as visitantes empataron o partido a 48 a falta de pouco máis de un minuto.

Xa cas «Bichas» o límite das forzas o equipo de Porriño conseguíu anotar varias penetracións que puxeron o marcador no resultado final de 48-54.Destacar o gran traballo das verdinegras neste encontro que é para estar moi orgull@s.

Equipo patrocinado por:

116total visits,1visits today

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.     ACEPTAR