A xogadora alaricana Elvira Gulin segue facendo historia, a federacion Española mediante este comunicado, informaba da súa convocatoria para o programa de deteccion de talentos.
noraboa Elvira
O Comité Técnico da Federación Española de Baloncesto convocou, para participar nas súas Preseleccións U12 masculina e feminina, a tres xogadores e dúas xogadoras galegas. Ambos combinados concentraranse durante nove días para traballar dentro do Programa de Detección de Talentos organizado pola FEB e o Consello Superior de Deportes.
As rapazas designadas pola FEB son María Pérez Araujo (C.B. Seis do Nadal Coia), Elvira Gulín Otero (C.B. Allariz). Pola súa banda, os xogadores son Pablo Hernández Montenegro (Instituto Rosalía de Castro), Jonathan Barreiro Rodríguez (Escola Básquet Xiria) e Alejandro Mazaira Gómez (Agrupación Deportiva Salesianos).
Equipo Técnico
Ademais da representación galega configurada por estes cinco xogadores, xunto coa Selección U12 Feminina estará tamén a Seleccionadora Galega de Minibasket Feminina, Mariña Penedo. A adestradora coruñesa formará parte do Equipo técnico do combinado feminino, un bloque composto por 23 profesionais de diferentes áreas relacionadas co Baloncesto e o tempo libre.
Na mesma situación, pero formando parte da Selección Masculina, atópase o adestrador do C.B. Andersen, Suso Cobián.
Concentración
As dúas Preseleccións españolas U12, tanto a masculina como a feminina, concentraranse en Santa María del Collel (Girona) do 28 de xullo ao 5 de agosto.







